Tempos e tempos
INFORMACIÓN
| Título: | Tempos e tempos |
| Disco: | Limiar (1979) |
| Letra: | Fernán Pardo |
| Música: | Suso Vaamonde |
| Voz: | Suso Vaamonde |
ESCOITAR / DESCARGAR
CARÁTULA DO DISCO
O que vai dun ano a outro
miña nai,
de ter cartos a non telos
o que vai.
Cando estábamos do Conde
no lugar
ainda o noso ben vivía
probe pai.
Xan de Choupas o do vello
Castañal
me falaba a min de cote,
que falar.
Mais morreu meu pai,
quedamos sin lugar
i os amores non volveron
nunca mais.

Para facer unha nova busca, preme aquí.