Sempre intentan confundirme
a verdade cunha lei.
Parvo intento! Hai moitos anos
que a verdade ben a eu sei.

(As palabras dos galegos. Millán Picouto)

Teño unha galiña branca


INFORMACIÓN

Título:Teño unha galiña branca
Disco:Apaga o candil (1998)
Letra: Popular
Música:Popular
Voz:Suso Vaamonde / Colectivo Trebón

ESCOITAR / DESCARGAR

CARÁTULA DO DISCO

Ai, lalará, ai, lalará,
ai, lalará,lalaralá.
Ai, lalará, ai, lalará,
ai, lalará,lalaralá.

Teño unha galiña branca
que me véu de Redondela,
da miña comadre o galo,
non me deixa dar con ela.

Unha pera, dúas peras,
non tiña mai-la pereira.
Unha será para o xastre,
outra para a costureira.

Ábreme a porta Marica,
se non salto polas tellas.
Téñoche o neno empezado,
hei de facerlle as orellas.

Murmuran murmuradores,
murmuran todos de min,
que ninguén é murmurado,
máis que de xente ruín.

Para facer unha nova busca, preme aquí.