Terra
INFORMACIÓN
Título: | Terra |
Disco: | Nin rosmar un laído (1977) |
Letra: | Valentín Lamas Carvajal |
Música: | Xosé Luís Rivas Cruz |
Voz: | Suso Vaamonde |
ESCOITAR / DESCARGAR
CARÁTULA DO DISCO
Sol que alumea as tréboas dos fondos sofrimentos,
voz que doutros espacios nos vén eiquí a falar.
Na múseca dos soutos, no sospirar dos ventos,
no marmurar dos ríos e no muxir do mar.
Por eso en longas terras de coitas e de dores
os fillos de Galicia morrendo tristes van.
Tornade acó, emigrantes, voltade á vosa terra,
que a nosa Patria berra. Hai tanto que arranxar.
Facer ao escravo libre, botar da casa a fame,
que o que traballa gane, que todos teñan pan.
Que o trigo encha as artesas, que fuxan os doores
que non haxa señores, que veña a libertá.
¡Quen dixo que era probe a rica Terra nosa,
quen dixo que saudosa, quen tanta crueldá!
A nosa Terra é nosa, a nosa espranza é nosa.
Cómpre facer xusticia. Xa é hora de falar.
Galicia, nome santo que dixen con ledicia
de neno e que hoxe lembro co lume da pasión.
Cando morrer eu vaia o nome de Galicia
direino misturado co nome do meu Dios.
Tamén aparece en:
Lembranza | |
Concerto en Taragoña | |
Concerto en Vigo |
Para facer unha nova busca, preme aquí.