Terra
INFORMACIÓN
| Título: | Terra |
| Disco: | Lembranza (2000) |
| Letra: | Valentín Lamas Carvajal |
| Música: | Xosé Luís Rivas Cruz |
| Voz: | Suso Vaamonde |
ESCOITAR / DESCARGAR
CARÁTULA DO DISCO
Sol que alumea as tréboas dos fondos sofrimentos,
voz que doutros espacios nos vén eiquí a falar.
Na múseca dos soutos, no sospirar dos ventos,
no marmurar dos ríos e no muxir do mar.
Por eso en longas terras de coitas e de dores
os fillos de Galicia morrendo tristes van.
Tornade acó, emigrantes, voltade á vosa terra,
que a nosa Patria berra. Hai tanto que arranxar.
Facer ao escravo libre, botar da casa a fame,
que o que traballa gane, que todos teñan pan.
Que o trigo encha as artesas, que fuxan os doores
que non haxa señores, que veña a libertá.
¡Quen dixo que era probe a rica Terra nosa,
quen dixo que saudosa, quen tanta crueldá!
A nosa Terra é nosa, a nosa espranza é nosa.
Cómpre facer xusticia. Xa é hora de falar.
Galicia, nome santo que dixen con ledicia
de neno e que hoxe lembro co lume da pasión.
Cando morrer eu vaia o nome de Galicia
direino misturado co nome do meu Dios.

Tamén aparece en:
| Nin rosmar un laído | ![]() |
| Concerto en Taragoña | ![]() |
| Concerto en Vigo | ![]() |
Para facer unha nova busca, preme aquí.


