Sempre intentan confundirme
a verdade cunha lei.
Parvo intento! Hai moitos anos
que a verdade ben a eu sei.

(As palabras dos galegos. Millán Picouto)

Terra de maragatos


INFORMACIÓN

Título:Terra de maragatos
Disco:Música mestre (1998)
Letra: Popular
Música:Popular
Voz:Suso Vaamonde / Colectivo Trebón

ESCOITAR / DESCARGAR

CARÁTULA DO DISCO

Funme casar á montana,
que é terra de maragatos,
tocoume unha muller vella
toda roída dos ratos.

Foise a casar á montana,
que é terra de maragatos,
tocoulle unha muller vella
toda roída dos ratos.

Eu caseime cunha vella
porque tiña o coiro duro,
i os condenados dos ratos
furáronlle o bandullo.

El casouse cunha vella
porque tiña o coiro duro,
i os condenados dos ratos
furáronlle o bandullo.

Unha vella fixo papas
e o pote botounas fóra.
Fai un ano que foi iso
índa hoxe a vella chora.

Agora xa non se leva
matar as pulgas coa unlla,
métense nunha burata
e dáselles cunha cuña.

Agora xa non se leva
matar as pulgas coa unlla,
métense nunha burata
e dáselles cunha cuña.

Eu caseime cunha vella
por causa da pillarada
e vai o demo da vella
trouxo dez dunha niñada.

El casouse cunha vella
por causa da pillarada
e vai o demo da vella
trouxo dez dunha niñada.

Para facer unha nova busca, preme aquí.