Sempre intentan confundirme
a verdade cunha lei.
Parvo intento! Hai moitos anos
que a verdade ben a eu sei.

(As palabras dos galegos. Millán Picouto)

Ultreia


INFORMACIÓN

Título:Ultreia
Disco:Regodobargo (1995)
Letra:Fermín Bouza Brey
Música:Suso Vaamonde
Voz:Suso Vaamonde

ESCOITAR / DESCARGAR

CARÁTULA DO DISCO

A balandra dos ultreia
leva os corazóns por vela
navega cara o futuro
toda Galicia vai nela.

Toda Galicia vai nela
prensa do meu corazón
os mares forman triskeles
en cada constelación.

En cada constelación
oise cantar unha estrela
velai ven a fror das naos
toda Galicia con ela.

Tamén aparece en:

Lembranza

Para facer unha nova busca, preme aquí.