Sempre intentan confundirme
a verdade cunha lei.
Parvo intento! Hai moitos anos
que a verdade ben a eu sei.

(As palabras dos galegos. Millán Picouto)

Vai de roda en roda


INFORMACIÓN

Título:Vai de roda en roda
Disco:Vai de roda en roda (1998)
Letra: Popular
Música:Popular
Voz:Suso Vaamonde / Colectivo Trebón

ESCOITAR / DESCARGAR

CARÁTULA DO DISCO

Vai de roda en roda,
vai de flor en flor,
mira que donaire,
leva o meu amor.

A miña sogra sanou
i en troques morreume a vaca,
tras dun probe sempre a morte
anda coa fouce amolada.

ai lalaralala, ai lalaralala,
ai lalaralala, laralala, laralalá.

Por unha hora de troula
nove meses de penar,
tres semaniñas de cama,
dous aniños de adolar.

A sogra da miña irmá
ten un xenio de cadela,
miña irmanciña querida,
vas a pasar a vida negra.

Deume un bico unha nena,
deixoume tanta dozura
que hoxe mesmo sin falta
penso de ir falar co cura.

Os solteiros valen ouro,
os casados valen prata,
os viudos calderilla,
os vellos folla de lata.

Quérote porque te quero,
eu non sei decir por qué,
cando se quere por algo,
non é moi fondo o querer.

Para facer unha nova busca, preme aquí.