Viaxeiro
INFORMACIÓN
| Título: | Viaxeiro |
| Disco: | Gravación en Barcelona (1975) |
| Letra: | Celso Emilio Ferreiro |
| Música: | Suso Vaamonde |
| Voz: | Suso Vaamonde |
ESCOITAR / DESCARGAR
CARÁTULA DO DISCO
Viaxeiro, que vés de lonxe
e vas de paso.
Coa palabra máis viva
de meu linguaxe, falo.
Repudio as inxusticias
i a libertá procramo.
Digo a miña verdade
e no pobo descanso.
Viaxeiro, que vés de lonxe
e vas de paso.
Teño a luz dos abrentes
i as estrelas reparto.
Estóu cos sofridores,
vivo cos desheredados.
Pelexo contra a noite
e non creo nos anxos.
Viaxeiro, que vés de lonxe
e vas de paso:
dilles aos irmáus da Terra
que é moi triste o País dos Ananos.

Para facer unha nova busca, preme aquí.