Sempre intentan confundirme
a verdade cunha lei.
Parvo intento! Hai moitos anos
que a verdade ben a eu sei.

(As palabras dos galegos. Millán Picouto)

Xa fun a Marín


INFORMACIÓN

Título:Xa fun a Marín
Disco:Apaga o candil (1998)
Letra: Popular
Música:Popular
Voz:Suso Vaamonde / Colectivo Trebón

ESCOITAR / DESCARGAR

CARÁTULA DO DISCO

É moi mala de arrincare
a raíz do toxo verde
é moi mala de arrincare,
os amoriños primeiros
son moi malos de olvidare.

Xa fun a Marín,
xa pasei o mar,
xa teño un barco senlleiro.
Á beira do mar
a buscar hei de ir
aquel meu amor primeiro.

De Marín a Portonovo
eu guindei unha laranxa
de Marín a Portonovo,
no medio desa laranxa
iba o meu corazón todo.

E o vento levoume a frol
namoreime dun espiño
e o vento levoume a frol
coutadiño quen namora
cousas que do vento son.

Para facer unha nova busca, preme aquí.