Sempre intentan confundirme
a verdade cunha lei.
Parvo intento! Hai moitos anos
que a verdade ben a eu sei.

(As palabras dos galegos. Millán Picouto)

Xota de Vilar


INFORMACIÓN

Título:Xota de Vilar
Disco:Apaga o candil (1998)
Letra: Popular
Música:Popular
Voz:Suso Vaamonde / Colectivo Trebón

ESCOITAR / DESCARGAR

CARÁTULA DO DISCO

Ai o cura de Vilar
queda berrando na horta,
que lle levan a criada,
polo furado da porta.

Por esa que entrou no baile,
por esa que entrou agora,
por esa que entrou no baile
tocarei a noite toda.

O cura desta parroquia
non é cura que é señor,
mantén fillos e muller,
coma calquer labrador.

O cura de San Martiño
eche moi bo confesor,
que confesou á criada,
debaixo do cobertor.

Para facer unha nova busca, preme aquí.