Concerto en Betanzos (1999)
O 24 de agosto de 1999, Suso Vaamonde tiña que dar un concerto en Betanzos. Debido á súa doenza, que lle afectara ás cordas vocais, aquela noite non estaba en condicións óptimas para cantar en solitario. Os integrantes do grupo A Quenlla, íntimos amigos do artista e convidados igualmente en Betanzos, acompañárono no escenario para cantar canda el varios dos seus temas máis coñecidos.
Recollemos a continuación os temas que Suso e A Quenlla cantaron xuntos aquela noite en Betanzos. Os temas Uah! e Volvín á terra pro perdín o amor tamén están dispoñibles en vídeo na sección de vídeos.
Preme na cabeceira de cada columna para reordenar a lista. Para facer unha nova busca, preme aquí.