Déixame subir
INFORMACIÓN
Título: | Déixame subir |
Disco: | Concerto en Betanzos (1999) |
Letra: | Popular |
Música: | Popular |
Voz: | Suso Vaamonde / A Quenlla |
ESCOITAR / DESCARGAR
CARÁTULA DO DISCO
Viva a boa, a boa
morra a mala, a mala
o home é o que vale
a muller non vale nada.
E déixame subir
o cuarto da criada
e déixame subir
que non lle fago nada,
morena, por ti.
Morreu miña sogra
pariume unha vaca
quedámo-los mesmos
que eramos na casa.
Si a muller é cousa mala
eche algo por discutire
pois agora ou máis tarde
vos a nos habedes vire.
Toda a miña vida andiven
tras dunha muller mediana
agora teño un cangallo
que non me colle na cama.
Os homes cando son vellos
non se poñen a pensare
que si faltan as mulleres
non teñen pra onde marchare.
Catro cousas hai no mundo
que son as máis testarudas
as cabras e as ovellas
as mulleres e as mulas.
Gabaste de señorito
podes perde-lo costume
que xa te alcuman na fonte
pouco home e moito fume.
Tamén aparece en:
Regodobargo | |
Os mellores pasodobles do país |
Para facer unha nova busca, preme aquí.