Sempre intentan confundirme
a verdade cunha lei.
Parvo intento! Hai moitos anos
que a verdade ben a eu sei.

(As palabras dos galegos. Millán Picouto)

Celso Emilio Ferreiro, fotobiografía sonora (2008)


INFORMACIÓN
Celso Emilio Ferreiro, fotobiografía sonora

Celso Emilio Ferreiro, fotobiografía sonora é un proxecto publicado por Ouvirmos. A fotobiografía edítase xunto con dous CDs. Un deles recolle a voz do autor recitando os seus textos e o outro ofrece unha selección das cancións compostas cos seus poemas por artistas como Suso Vaamonde, María Manuela, Los Tamara, Miro Casabella ou Fuxan os Ventos, entre outros. Xurxo Souto Eiroa, músico e director de programación da Radio Galega, foi o encargado de documentar e guiar a escoita deste último CD, para o que se escolleron dúas cancións de Suso Vaamonde: Derradeira vontade de Fuco Buxán e Romance de cego in memoriam de Federico García Lorca.


CANCIÓNS

Preme na cabeceira de cada columna para reordenar a lista. Para facer unha nova busca, preme aquí.

TítuloLetrista
07 Derradeira vontade de Fuco BuxánCelso Emilio Ferreiro
08 Romance de cego in memoriam de F. G. LorcaCelso Emilio Ferreiro
CARÁTULAS
EDICIÓNS

Para ver a lista completa de edicións, preme aquí.

IntérpreteEditorial: nº editorNº depósito legalFormatoLugarAno
VVAAOuvirmos: LU 6-2008CD (2)Lugo2008