Derradeira vontade de Fuco Buxán
INFORMACIÓN
Título: | Derradeira vontade de Fuco Buxán |
Disco: | Celso Emilio Ferreiro, fotobiografía sonora (2008) |
Letra: | Celso Emilio Ferreiro |
Música: | Suso Vaamonde |
Voz: | Suso Vaamonde |
ESCOITAR / DESCARGAR
CARÁTULA DO DISCO
Detrais de cada home
está oubeando un lobo.
Un lobo que te come
e ten comesto ó pobo.
Canto pode sofrirse
telo xa ben sofrido.
Pro non hai que abatirse
nin darse por vencido.
Canto pode chorarse
telo xa ben chorado.
Pro non hai que calarse
nin sentirse abafado.
Canto pode perderse
telo xa ben perdido.
Pro non hai que doerse
nin rosmar un laído.
Podes todo ganalo
si despertas e loitas.
Co corazón che falo
galego que me escoitas.
A túa hora é esta:
colle a fouce, meu povo,
ergue a testa, protesta
e dempóis mata ó lobo.
Para facer unha nova busca, preme aquí.