Sempre intentan confundirme
a verdade cunha lei.
Parvo intento! Hai moitos anos
que a verdade ben a eu sei.

(As palabras dos galegos. Millán Picouto)

Sete estrelas para Amador e Daniel (s. d.)


INFORMACIÓN
Sete estrelas para Amador e Daniel

O 10 de marzo de 1972, nunha manifestación en Ferrol polos dereitos laborais dos traballadores dos astelerios Bazán, a policía franquista disparou contra os manifestantes e asasinou a dous traballadores: Amador Rey e Daniel Niebla. Recollemos neste apartado un tema inédito que Suso Vaamonde musicou a partir dun longo poema de Darío Xohán Cabana sobre os acontecementos ocorridos aquel día.

O son foi recuperado a partir dunha gravación caseira en casete e contén algunhas fallas sonoras, que foron minimizadas na medida do posible mediante un pequeno proceso de edición. Ofrecemos tanto a versión orixinal como a versión editada, que contén dous cambios respecto da versión orixinal:


CANCIÓNS

Preme na cabeceira de cada columna para reordenar a lista. Para facer unha nova busca, preme aquí.

TítuloLetrista
01 Sete estrelas para Amador e Daniel (orixinal)Darío Xohán Cabana
02 Sete estrelas para Amador e Daniel (editada)Darío Xohán Cabana