Sempre intentan confundirme
a verdade cunha lei.
Parvo intento! Hai moitos anos
que a verdade ben a eu sei.

(As palabras dos galegos. Millán Picouto)

A dorniña


INFORMACIÓN

Título:A dorniña
Disco:Coplas do viño (1998)
Letra: Popular
Música:Popular
Voz:Suso Vaamonde / Colectivo Trebón

ESCOITAR / DESCARGAR

CARÁTULA DO DISCO

Meu pai deixoume a dorniña,
miña nai deixoume o mar,
non tiñan máis que deixarme
nin eu poido máis deixar.

Non che teño, rapaza,
outra cousa que dar
máis que o peixe fresquiño,
que eu che traio do mar.

Son da beiriña do mar,
son da terra e non o son.
Sei dónde teño a casiña,
pero o camposanto non.

Sonche probe, sonche rico,
o mundo é meu e non é,
eu nunca tiven dos cartos,
pero doutros sonche o pé.

Para facer unha nova busca, preme aquí.