Coplas do viño (1998)
Coplas do viño (Cantigas para despois de xantar e beber) é un traballo publicado en casete e gravado no estudio Elite (Vigo) no ano 1998 coa colaboración do Colectivo Trebón. Forma parte do proxecto musical Doce Ducias, que tiña como obxectivo a recopilación de 144 cancións populares galegas distribuídas en doce casetes (doce temas por casete). So se chegaron a publicar seis casetes.
Tódolos temas son populares axeitados por Suso Vaamonde.
Preme na cabeceira de cada columna para reordenar a lista. Para facer unha nova busca, preme aquí.
Para ver a lista completa de edicións, preme aquí.
Intérprete | Editorial: nº editor | Nº depósito legal | Formato | Lugar | Ano | |
---|---|---|---|---|---|---|
Colectivo Trebón/Suso Vaamonde | Producións Trebón: MC 0011 T | PO 159-1998 | Casete | Pontevedra | 1998 |