Sempre intentan confundirme
a verdade cunha lei.
Parvo intento! Hai moitos anos
que a verdade ben a eu sei.

(As palabras dos galegos. Millán Picouto)

A espera


INFORMACIÓN

Título:A espera
Disco:Soltas (s. d.)
Letra:Pura Vázquez
Música:Suso Vaamonde
Voz:Suso Vaamonde

ESCOITAR / DESCARGAR

CARÁTULA DO DISCO

Foise a tardiña, foise o solpor
eu sigo á espera do meu amor.

Hai unha lúa e astros cen mil,
pra o que me compre sobra un candil.

Estas non horas, séculos son
teño cabalos no corazón.

Grito o silencio pasos de alguén
canta, griliño, sinto que vén.

Noite [...] xa que mo trais,
el, eu, o tempo, non pido máis.

Para facer unha nova busca, preme aquí.