A guerra dos escravos
INFORMACIÓN
Título: | A guerra dos escravos |
Disco: | Soltas (s. d.) |
Letra: | Eduardo Pondal |
Música: | Suso Vaamonde |
Voz: | Suso Vaamonde |
ESCOITAR / DESCARGAR
CARÁTULA DO DISCO
Cando te vexo, oh filla
de Breogán, nobre e boa,
cando te vexo triste,
desvalida e chorosa,
entonces sin querelo
vén á miña memoria
as guerras dos escravos,
as guerras dos ilotas.
Cando te vexo pálida,
abandonada e soa,
sentada na túa gandra
espaciosa e longa,
non sei por qué ferida
a miña mente evoca
as guerras dos escravos,
as guerras dos ilotas.
Cando te vexo pobre,
chamando ás duras portas,
aspeada e tolleita
cos teus fillos nas costas,
entonces me parece
que en torno de min soan
as guerras dos escravos,
as guerras dos ilotas.

Para facer unha nova busca, preme aquí.