A lúa
INFORMACIÓN
Título: | A lúa |
Disco: | Os soños na gaiola (1978) |
Letra: | Manuel María |
Música: | Suso Vaamonde |
Voz: | Suso Vaamonde |
ESCOITAR / DESCARGAR
CARÁTULA DO DISCO
A señora Lúa
inda está solteira.
¡A señora Lúa,
a Lúa lueira!
A Lúa lueira,
a señora Lúa:
¡ten gana de troula
e quer ir de rúa!
¡E quer ir de rúa,
de troula ir quería
que sinte morriña
e melancolía!
A señora Lúa
a Lúa rueira
como anda de noite
sempre está tristeira.
Sempre con tristura
e melancolía
que anda pola noite
e dorme de día.
Que a señora Lúa
co sol quer casar.
¡E andao buscando
sin pode- lo hachar!
A señora Lúa,
a Lúa tristeira:
¡Si non da co sol
quedará solteira!

Para facer unha nova busca, preme aquí.