A mula e o boi
INFORMACIÓN
| Título: | A mula e o boi |
| Disco: | Na noiteboa co meu amigo (2001) |
| Letra: | Manuel María |
| Música: | Suso Vaamonde |
| Voz: | Miguel Martínez Chapela |
ESCOITAR / DESCARGAR
CARÁTULA DO DISCO
Dáballe calor.
Dáballe aloumiño.
¡Como se sorría
o noso Neniño!
No Portal a mula
amiga non foi.
Dáballe aloumiño
no Portal o boi.
Naceu en Belén
noso Redentor.
¡E tan so un boi
lle daba calor!
No Portal o boi
dáballe calor.
¡Noso caravel!
¡Noso Redentor!
Cheíño de frío
os dentes batía.
No Portal a mula
na palla comía.
Naceu en Belén
noso Redentor.
¡E tan so un boi
lle daba calor!
Entón viña o boi
a darlle calor.
Que non tiña palla
noso Redentor.
Dáballe calor.
Dáballe aloumiño.
¡Cómo se sorría
o noso Neniño!
Naceu en Belén
noso Redentor.
¡E tan so un boi
lle daba calor!

Para facer unha nova busca, preme aquí.