A pobreza de San Xosé
INFORMACIÓN
| Título: | A pobreza de San Xosé |
| Disco: | Na noiteboa co meu amigo (2001) |
| Letra: | Manuel María |
| Música: | Suso Vaamonde |
| Voz: | Miguel Martínez Chapela |
ESCOITAR / DESCARGAR
CARÁTULA DO DISCO
O Neniño non ten berce.
O Neno chora co frío.
San Xosé corta que corta.
San Xosé chorando a fío.
O Neniño non ten berce.
A Virxen fiando liño
pousa a roca. Vai correndo
arrolar ó seu Neniño.
San Xosé corta que corta.
A Virxen fiando liño.
San Xosé corta que corta
ollando pra o seu Neniño.
San Xosé corta que corta.
San Xosé é moi pobriño.
Non ten táboas pra facer
un berce pra o seu Neniño.
O Neniño non ten berce.
O Neno chora co frío.
San Xosé corta que corta.
San Xosé chorando a fío.
San Xosé corta que corta.
A Virxen fiando liño.
San Xosé corta que corta
ollando pra o seu Neniño

Para facer unha nova busca, preme aquí.