A rianxeira
INFORMACIÓN
| Título: | A rianxeira |
| Disco: | Cancións para ir de romaxe (1998) |
| Letra: | Popular |
| Música: | Popular |
| Voz: | Suso Vaamonde / Colectivo Trebón |
ESCOITAR / DESCARGAR
CARÁTULA DO DISCO
A Virxe de Guadalupe
cando veu para Rianxo
a barquiña que a trouxo
era de pau de laranxo.
Ondiñas veñen, ondiñas veñen,
ondiñas veñen e van,
non te embarques, rianxeira,
que te vas a marear.
A Virxe de Guadalupe
cando vai pola ribeira
descalciña pola area
parece unha rianxeira.
Mariñeiro de Rianxo,
sexas probe, sexas rico,
lévalle a Nosa Señora
nun caraveliño un bico.
Collín a dorna en Rianxo,
fun a Padrón pola ría,
da terra de Castelao
á terra de Rosalía.

Para facer unha nova busca, preme aquí.