Cancións para ir de romaxe (1998)
Cancións para ir de romaxe é un traballo publicado en casete e gravado no estudio Sonyarte (Vigo) no ano 1998 coa colaboración do Colectivo Trebón. Forma parte do proxecto musical Doce Ducias, que tiña como obxectivo a recopilación de 144 cancións populares galegas distribuídas en doce casetes (doce temas por casete). So se chegaron a publicar seis casetes.
Tódolos temas son populares axeitados por Suso Vaamonde, agás Cantigas da Nosa Señora, que é autoría de Miguel Martínez Chapela.
Preme na cabeceira de cada columna para reordenar a lista. Para facer unha nova busca, preme aquí.
Para ver a lista completa de edicións, preme aquí.
Intérprete | Editorial: nº editor | Nº depósito legal | Formato | Lugar | Ano | |
---|---|---|---|---|---|---|
Suso Vaamonde et al. | Producións Trebón: MC 0009 T | PO 157-1998 | Casete | Pontevedra | 1998 |