A sorrisa da Virxen
INFORMACIÓN
Título: | A sorrisa da Virxen |
Disco: | Na noiteboa co meu amigo (2001) |
Letra: | Manuel María |
Música: | Suso Vaamonde |
Voz: | Miguel Martínez Chapela |
ESCOITAR / DESCARGAR
CARÁTULA DO DISCO
O día nacía,
brilaba e sorría
na doce sorrisa
da Virxen María.
Cantan a neve e o frío,
o paxaro e máis o vento.
Cantan o monte e o río
o tempo do nacemento.
Na terra canta o pastor
e no ceio o anxeliño
que naceu Noso Señor,
que naceu Xesús Meniño.
¡Todo o mundo é a cantar¡
¡Todo o mundo canta ben!
¡Que non deixe de brilar
a estreliña aló en Belén!
Nacía outro día.
Cantaba a campía.
¡A Virxen María
cantaba e sorría!
Para facer unha nova busca, preme aquí.