A tardiña na viuda
INFORMACIÓN
Título: | A tardiña na viuda |
Disco: | Coplas do viño (1998) |
Letra: | Popular |
Música: | Popular |
Voz: | Suso Vaamonde / Colectivo Trebón |
ESCOITAR / DESCARGAR
CARÁTULA DO DISCO
Agora que estamos chegando
botarémoslle unha canta
para que digan as mozas:
"son de Vigo os que cantan".
O viño branco é meu primo,
o tinto é meu parente,
non hai sitio no meu corpo
onde meu primo non entre.
Era o viño, miña nai, era o viño,
era a cousa que eu máis desexaba.
So por morte, miña nai, so por morte,
so por morte meu primo deixaba.
Miña curmán augardente
pelexábase co leite.
Meu albariño dourado,
meu compañeiro de sempre.
Condado, bo guerrilleiro,
contra a tristura tirana
o meu amor do Ribeiro
queimando as penas da ialma.
Para facer unha nova busca, preme aquí.