A un paxaro
INFORMACIÓN
Título: | A un paxaro |
Disco: | Soltas (s. d.) |
Letra: | Pura Vázquez |
Música: | Suso Vaamonde |
Voz: | Suso Vaamonde |
ESCOITAR / DESCARGAR
CARÁTULA DO DISCO
Que cantas, oh senlleiro paxariño,
esmolando nas trebas con engado
acadando no ar, nube ou camiño
a luz do rechouchío alborotado.
Choutas no penedal polo fouciño
do alento nos albres pendurado
a frolciña do toxo, dondo niño,
esquencido quedou, desemprumado.
Sospiras nos desmaios dos solpores
Bebes as orballadas polas froles
a rondar os menceres nas fontelas
Laias doce pantástico diviño
fogueira [...] amabre peregriño
da roita delirante das estrelas.
Que azar te leva inmerso polo vento
anxo pequerrechiño cramorando.
Que merguranza, pranto ou sentimento
teu sino de ave vai [...]
Que labre de fugaz presentimento,
que agunía ou remorso [...] loitando
de sombras vai a voz o encantamento
da ledicia doutrora alén chorando.
Véxote lonxe, outísima cimeira
de ilumiado anceio primaveira
dun eterno alborar que o sol apreixa.
[...] tristura ou ansiedade
que te leva a fundir na craridade
[...]
Para facer unha nova busca, preme aquí.