A unha era ai louriña
INFORMACIÓN
Título: | A unha era ai louriña |
Disco: | Soltas (s. d.) |
Letra: | Álvaro Cunqueiro |
Música: | Suso Vaamonde |
Voz: | Suso Vaamonde |
ESCOITAR / DESCARGAR
CARÁTULA DO DISCO
A unha era ai louriña!
pastora de neve branca.
Siñal de lúa nos ollos
como bo tempo levaba.
A outra era ei senlleira!
nadadora de vidrados.
Brinco de carne de mar
polos ollos, coma un pano.
Xuntas as viron pasar
pola noite e polo día.
Canción que a unha cantaba
levaba á outra dormida.
Colgaban vento mareiro
na iauga de terra firme.
Laranxas dos laranxais
sementaban na mar libre.
A unha era pastora
branca siñal de bo tempo.
A outra era senlleira
nadadora do ván tenro.
Xuntas as viron pasar
pola noite e polo día.
Canción que a unha cantaba
levaba á outra dormida.
Para facer unha nova busca, preme aquí.