Anaina para o Che Guevara
INFORMACIÓN
Título: | Anaina para o Che Guevara |
Disco: | Lembranza (2000) |
Letra: | Celso Emilio Ferreiro |
Música: | Suso Vaamonde |
Voz: | Suso Vaamonde |
ESCOITAR / DESCARGAR
CARÁTULA DO DISCO
O bravo cóndor andino
pregunta por seu irmán.
Triste yanqui zugapovos,
lurpio, voraz Tio Sam,
dime que foi que fixeches
do arriscado capitán.
Torvo xeneral Barrientos,
fuciño de lubicán,
dime que foi que fixeches
do arriscado capitán.
Duro soldado sumido
nunha noite de alquitrán,
dime que foi que fixeches
do arriscado capitán.
Manso aborixen que morres
sin defender o teu pan,
dime que foi que fixeches
do arriscado capitán.
Sementárono no vento
cunha chaga en cada man,
mais as mapoulas do abrente
axiña frolecerán.
Tamén aparece en:
CEF na voz de Suso Vaamonde |
Para facer unha nova busca, preme aquí.