Sempre intentan confundirme
a verdade cunha lei.
Parvo intento! Hai moitos anos
que a verdade ben a eu sei.

(As palabras dos galegos. Millán Picouto)

Animais


INFORMACIÓN

Título:Animais
Disco:Lembranza (2000)
Letra:Manuel María
Música:Suso Vaamonde
Voz:Suso Vaamonde

ESCOITAR / DESCARGAR

CARÁTULA DO DISCO

O cuco, cuco, cuqueiro
o cuco, cuco, cucón.
Madrugón e cantareiro
cantareiro e madrugón.

Oise pola carballeira
ó vello cuco souril
ó nacer a primaveira
antre o Marzo i o Abril.

O cuco, cuco, cuqueiro
o cuco, cuco, cucón.
Madrugón e cantareiro
cantareiro e madrugón.

¡O vello cuco cucou
e moito máis cucará!
¡O cuco non me capou
e nunca me capará!

O cuco, cuco, cuqueiro
o cuco, cuco, cucón.
Madrugón e cantareiro
cantareiro e madrugón.

Polas mañás ben cediño
o cuco canta: cu- cu.
¡Como o teño por veciño
eu trato o cuco de tu!


Caracol, col, col
caracol, caracoleiro
¡pos os teus cornos ó sol
xa que eres tan frioleiro!

O lombo levas a casa,
caracol, caracoleiro:
¡e deixas cintas de seda
engalanando ó carreiro!

Caracol, col, col:
caracol, caracolón:
¡pon ós teus cornos ó sol
o sol os teus cornos pon!


Arre, ¡corre,
meu burro trotón,
meu burriño manso,
meu burriño bon!

¡Corre meu burriño;
non gallopes, voa!
¡A ver si lle ganas
o vento que zoa!

¡Arre meu burriño!
non seas perguiceiro!
¡A ver si lle ganas
o vento lixeiro...!

¡Corre meu burriño,
nos cascos pon ás!
¡Si queres, ó vento
deixarás atrás...!

¡Arre, meu burriño!
¡Corre mais deprisa!
¡Que si perde o vento
xa verás que risa...!

Tamén aparece en:

Rapazas, rapaces e rapazadas
Manuel María, fotobiografía sonora
Concerto en A Pobra de Trives

Para facer unha nova busca, preme aquí.