Sempre intentan confundirme
a verdade cunha lei.
Parvo intento! Hai moitos anos
que a verdade ben a eu sei.

(As palabras dos galegos. Millán Picouto)

Artistas


INFORMACIÓN

Título:Artistas
Disco:Soltas (s. d.)
Letra:Millán Picouto Igrexas
Música:Suso Vaamonde
Voz:Suso Vaamonde

ESCOITAR / DESCARGAR

CARÁTULA DO DISCO

Se oídes trinos de chuvia
como os das aves na alba
e a carballeira está enxoita,
ha ser tal vez unha arpa.

Fontela de cordas tenues
con aparencia de prata
que esencia teñen de ríos
e vocación de calandras.

Suspiran como unha póla
por unha brisa que pasa
deixando o ambiente celeste
escintilando de bágoas.

E tanto acontece iso
porque a unha deusa lle praza,
como porque andan por elas
os nosos dedos de maxia.

Lembraivos, cando as sintades,
das mans concretas, humanas,
que saben, gracias ao estudio,
pulsar a alma da auga.

Para facer unha nova busca, preme aquí.