Sempre intentan confundirme
a verdade cunha lei.
Parvo intento! Hai moitos anos
que a verdade ben a eu sei.

(As palabras dos galegos. Millán Picouto)

As campás de Belén


INFORMACIÓN

Título:As campás de Belén
Disco:Na noiteboa co meu amigo (2001)
Letra:Manuel María
Música:Suso Vaamonde
Voz:Miguel Martínez Chapela

ESCOITAR / DESCARGAR

CARÁTULA DO DISCO

¡Campás tocade!
¡Toca campaíña
que naceu Xesús
da Virxen María!

¡Campás tocade!
¡Campás de Belén
que naceu o neno
polo noso ben!

¡Tocade campás!
A fala lixeira:
¡Rode voso son
pola terra enteira!

¡Tocade, tocade,
campás de Belén!
¡Tocade, tocade,
bailade tamén!

¡O Deus verdadeiro!
¡O Neno Xesús!
¡Arrolos de pomba!
¡Cabelos de luz!

¡Toca campaíña!
¡Toca campañón!
¡O Neniño Deus
no meu corazón!

Para facer unha nova busca, preme aquí.