As cantigas do berce
INFORMACIÓN
| Título: | As cantigas do berce |
| Disco: | Ollos de nenos (s. d.) |
| Letra: | Luis Amado Carballo |
| Música: | Suso Vaamonde |
| Voz: | Suso Vaamonde |
ESCOITAR / DESCARGAR
CARÁTULA DO DISCO
Un carrizo namorado
afogouse nun luceiro;
chora o monte e a campía,
de loito vestiuse o vento.
Como un paxariño orfo
nas mans morréuseme o día,
arrechegueino ao meu peito
por ver si lle daba a vida.
Vaite choiva e vente sol
que imos a xogar á leira
co moneco bonitiño
que meu pai trouxo da feira.
Aquil berce está baleiro
e a naiciña anda a chorar,
o meniño está no ceo
coas estrelas a brincar.
A campía escurecida
chora tremando co frío,
a probiña quedou orfa
que o día afogou no río.

Para facer unha nova busca, preme aquí.