Ollos de nenos (s. d.)
Neste traballo recollemos un conxunto de cancións, moitas delas inéditas, que Suso Vaamonde recompilou nun máster de gravación en formato casete e que, por razóns que descoñecemos, non chegou a ser publicado. O traballo caracterízase por incluir, entre outros, varios poemas escritos polo propio Suso, algo pouco habitual na súa discografía, así como poemas de Celso Emilio Ferreiro e algúns fragmentos tomados da obra Os vellos non deben de namorarse de Alfonso Daniel R. Castelao.
O máster non ten título coñecido, polo que decidimos asignarlle aquí o título da primeira canción da cara A, que é o poema Ollos de nenos de Manuel María. Tampouco contamos con ningunha carátula do disco, polo que escollemos aquí unha imaxe co citado poema.
Preme na cabeceira de cada columna para reordenar a lista. Para facer unha nova busca, preme aquí.