Brila raio da aurora
INFORMACIÓN
| Título: | Brila raio da aurora |
| Disco: | Concerto en Taragoña (1978) |
| Letra: | Xavier González |
| Música: | Xavier González |
| Voz: | Verbas Xeitosas |
ESCOITAR / DESCARGAR
CARÁTULA DO DISCO
Brila raio da aurora
desperta ós homes e vén
déixaos ben despertiños
déixaos e logo vén.
Brila, miña señora,
i alúmame a min tamén
pra poder seguir vivindo,
pra que todo sáiame ben.
Petei unha porta probe
dunha casa probe
dun probe lugar,
cando a noite caía,
cando as negras sombras
envolven o lar.
Chamei enriba do muro
cheo de medo,
farto de andar,
mais a porta non me abriron
e vinme soio
e funme igual.
Xa ves o caso que fan
que estou onde empecei
que todas as portas me pechan
e xa nada queda por ver.
Petei unha porta rica
dunha casa rica
dun rico lugar,
cando a noite caía,
cando as negras sombras
envolven o lar.
Chamei enriba do muro
cheo de medo,
farto de andar,
mais a porta non me abriron
e vinme soio
e funme igual.
Xa ves o caso que fan
que estou onde empecei
que todas as portas me pechan
e xa nada queda por ver.

Tamén aparece en:
| Noticia da nova canción galega | ![]() |
Para facer unha nova busca, preme aquí.
