Sempre intentan confundirme
a verdade cunha lei.
Parvo intento! Hai moitos anos
que a verdade ben a eu sei.

(As palabras dos galegos. Millán Picouto)

Campanas


INFORMACIÓN

Título:Campanas
Disco:Soltas (s. d.)
Letra:Manuel Rodríguez López
Música:Suso Vaamonde
Voz:Suso Vaamonde

ESCOITAR / DESCARGAR

CARÁTULA DO DISCO

Calade axiña, campanas,
con ise xordo tan, tan.
Non traiades ó recordo
a morte que hoxe ou mañá,
con coitelo feridor,
nosas vidas segará.

¿Por qué aumentás nosas coitas
con ise tolo petar?
¿Por qué non deixás vivir
nos melancónicos chans
da nosa aldraxada terra
ós coitados aldeáns?

Non nos chamedes, campanas.
Deixainos vivir en paz
no dondo niño galego
á carón do noso lar.

Para facer unha nova busca, preme aquí.