Campás
INFORMACIÓN
| Título: | Campás |
| Disco: | Os soños na gaiola (1978) |
| Letra: | Manuel María |
| Música: | Suso Vaamonde |
| Voz: | Suso Vaamonde |
ESCOITAR / DESCARGAR
CARÁTULA DO DISCO
Ergue, meu meniño,
ergue, lacazán,
que as campás xa tocan
con ledo din dan.
¡Ledas campaíñas
xa tocando están
que chegou a ialba
chamando á mañán!
¡Tocan as campás
i andan a falar
cousas moi fermosas
por todo o lugar!
¡Falan as campás
con voz de metal:
o seu canto voa
dende o monte ó val!
¡Érguete, meu neno,
porque o campaneiro
deixa de tocar
si eres perguiceiro.
As ledas campás
xa non tocarán,
¡si eres perguiceiro,
si eres nugallán!

Para facer unha nova busca, preme aquí.