Sempre intentan confundirme
a verdade cunha lei.
Parvo intento! Hai moitos anos
que a verdade ben a eu sei.

(As palabras dos galegos. Millán Picouto)

Canción de amor á terra


INFORMACIÓN

Título:Canción de amor á terra
Disco:Soltas (s. d.)
Letra:Darío Xohán Cabana
Música:Suso Vaamonde
Voz:Suso Vaamonde

ESCOITAR / DESCARGAR

CARÁTULA DO DISCO

Dende as ponlas do abrente ergo o meu canto
pra decir da dorosa fermosura
desta terra chagada en terra viva
desta matria sanguenta, fosca, dura.

É fermoso o mencer que aluma os eidos
traballados con sudes e con bágoas.
É fermoso o mencer do sol que nace
tralos arbres que a noite sulagaba.

O arbre do mencer ábrese en frores
e froitifica o sol ao meridía.
Cando chege o solpor con azas de ouro
o arbre escoará melanconía.

É fermosa esta terra escravizante
i escrava, terra moura e mineral.
É fermosa ao mencer i ao meridía,
i é fermosa na hora vesperal.

É fermosa i é fea ao mesmo tempo,
i é fonda como os mares de que agroma.
O labrego é un escravo desta terra
e régaa con suor e con laboura.

¡Ouh, raigame primaria do meu sangue,
miña terra chagada e xenital!
¡Ouh, miña terra eternamente noiva,
doce, agre, fermosa e candeal!

¡Terra ao carón e lonxe dende sempre,
filla e mai dos labregos que te labran!
¡Terra humana, ferida e latexante,
terra de promisión nunca acadada...!






Para facer unha nova busca, preme aquí.