Cantiga pra durmir a un neno
INFORMACIÓN
Título: | Cantiga pra durmir a un neno |
Disco: | CEF na voz de Suso Vaamonde (1980) |
Letra: | Celso Emilio Ferreiro |
Música: | Suso Vaamonde |
Voz: | Suso Vaamonde |
ESCOITAR / DESCARGAR
CARÁTULA DO DISCO
Celanova ten un vento,
Celanova un vento ten,
un vento peliriñante,
un vento que vai e ven.
Un vento que máis que vento
é un teimoso roncón
fungando polos tellados
con grave e tristeiro son.
Iste vento vagamundo,
vai coa lúa, ven co sol,
vai cos mozos, ven cos vellos,
vai coa neve, ven coa frol.
Vai coas nubes viaxeiras
por camiños de romaxe.
Ven co pandeiro da chuvia
repenicando a paisaxe.
De día ven cos paxaros
i anada a brincar polas hortas.
De noite ven cos morcegos
i anda a petar polas portas.
Meu neno, non teñas medo,
que iste vento é meu amigo,
i anque rosma polas rúas
non te levará consigo.
Vento que vas á ventura,
¿non ollas cómo che aceno?
Vaite deiquí paseniño
deixa dormir ó meu neno.
¿Onde se marchou meu pai
o ventiño reiseñol,
ventiño de doce gaita,
onde se foi co seu fol?
O vento atópase canso
do seu constante bulir.
Deitóuse nos piñeirales,
coma nun berce, a dormir.
I o vento que rebulía,
Celanova xa o non ten.
O meu neno está durmido
i o vento durmíu tamén.
Tamén aparece en:
Limiar | |
Concerto en A Pobra de Trives |
Para facer unha nova busca, preme aquí.