Cantigas da Nosa Señora
INFORMACIÓN
| Título: | Cantigas da Nosa Señora |
| Disco: | Cancións para ir de romaxe (1998) |
| Letra: | Miguel Martínez Chapela |
| Música: | Miguel Martínez Chapela |
| Voz: | Miguel Martínez Chapela |
ESCOITAR / DESCARGAR
CARÁTULA DO DISCO
Nosa Señora do Carmen
púxose de pé na viña
para ver aos mariñeiros
como pescan a sardiña.
Nosa Virxiña da Renda
anda tola de contenta
porque xa ten un coriño
que se chama como ela.
Combarro ten viño e patacas
e bos barquiños xeiteiros
e as mozas máis bonitas
as fillas dos mariñeiros.
Nosa Virxiña da Renda
a de arriba do Xuguiño,
bótanos a bendición
que nos vamos de camiño.
Nosa Virxiña do Carmen
fixo unha torre no mar
para ver os mariñeiros
cando veñen de pescar.

Para facer unha nova busca, preme aquí.