Chove
INFORMACIÓN
Título: | Chove |
Disco: | Soltas (s. d.) |
Letra: | Xosé Neira Vilas |
Música: | Suso Vaamonde |
Voz: | Suso Vaamonde |
ESCOITAR / DESCARGAR
CARÁTULA DO DISCO
Chove no lombo das tellas
con teimoso repenico.
Probre do que non ten casa
e rola sen agarimo.
Chove longo, chove mesto,
chove a rebordar, sen tino;
hai pozas de leira en leira
e asoláganse os camiños.
Augas avoltas, enchente,
o río vaise do río...
Xa non se ven os salgueiros
nin a porta do muíño.
Ceo revolto, monte escuro,
silencio de paxariños;
un rapaz volve do agro
enchoupado coma un pito.
Na xanela, sobre un tallo,
co nariz pegado aos vidros
eu vexo chover e penso
nos que non teñen abrigo.
Para facer unha nova busca, preme aquí.