Co pan de cada día
INFORMACIÓN
Título: | Co pan de cada día |
Disco: | Gravación en Barcelona (1975) |
Letra: | Manuel Álvarez Torneiro |
Música: | Suso Vaamonde |
Voz: | Suso Vaamonde |
ESCOITAR / DESCARGAR
CARÁTULA DO DISCO
Cando parto iste pan
Póñome triste
Porque iste pan é todo
O que agora teño,
Porque iste pan tampouco
É tan cativo
Costoume moito lombo
Costoume retorcerme
I esnaquizar os dentes na sonrisa.
Porque movín o sangue tan depresa
Tan a carón do peito
Que xa me atopo canso nos almorzos.
Porque xa veño canso da costume
Canso de dar as mans
E dar as verbas
Canso de dar camisa e pensamento.
Porque xa non
Me chega iste codelo
Porque xa vou
Cavilando no mais mouro
Porque logo me durmo e non me salvo
E tamén por vosoutros
Compañeiros.
Tamén aparece en:
Loitando |
Para facer unha nova busca, preme aquí.