Compañeira
INFORMACIÓN
| Título: | Compañeira |
| Disco: | Concerto en Xenebra (1976) |
| Letra: | Fuxan Os Ventos |
| Música: | Fuxan Os Ventos |
| Voz: | Suso Vaamonde |
ESCOITAR / DESCARGAR
CARÁTULA DO DISCO
Nesta noite escura e bretemosa
na que vai camiñando o noso esprito
vese un raio de sol, vese unha rosa
que abrirá, no mencer, novos camiños.
Compañeira nos dias de tristura,
compañeira nas noites de esperenza
paso a paso de alento de tenrura,
pedra a pedra no mundo a nosa casa.
Racharemos cadeas que nos prenden,
e faremos fuxi-la treboada
falaremos de amor coa nosa xente,
pra viviren connosco a mañá crara.

Para facer unha nova busca, preme aquí.