Concerto encol dun boi
INFORMACIÓN
Título: | Concerto encol dun boi |
Disco: | Soltas (s. d.) |
Letra: | Celso Emilio Ferreiro |
Música: | Suso Vaamonde |
Voz: | Suso Vaamonde |
ESCOITAR / DESCARGAR
CARÁTULA DO DISCO
Disque, na súa tenra xuventú,
iste boi que ós galegos estercola
foi en Galicia á escola
i adeprendeu el soio a decir Múu.
Non sexas, meu amigo, fabulista
e faime a gracia de facer memoria:
aquel que dixo múu na nosa historia
non era un boi, que era un burro flautista.
O conto que che conto é a verdá
e ninguén torcerá a miña pauta:
o boi que dixo múu tería unha flauta
que soar poido por casualidá.
En vista de que falas con firmeza
conveño en que o teu boi é mitolóxico;
un especimen raro fisiolóxico,
mixto de burro e boi na mesma peza.
Un estrano animal
que co seu múu asnal e corifeo
ampliou o solfeo
cunha moderna nota musical.
Por elo chegarán futuras datas
en que todos veredes
carteles coma iste nas paredes:
"Concerto en múu mayor a catro patas".
Para facer unha nova busca, preme aquí.