Sempre intentan confundirme
a verdade cunha lei.
Parvo intento! Hai moitos anos
que a verdade ben a eu sei.

(As palabras dos galegos. Millán Picouto)

Conselliños


INFORMACIÓN

Título:Conselliños
Disco:Concerto en Xenebra (1976)
Letra: Popular
Música:Popular
Voz:Suso Vaamonde

ESCOITAR / DESCARGAR

CARÁTULA DO DISCO

Rapaz eres pequeno
e tes que adeprender
unhas cantas cousiñas,
non as debes esquencer.

Di "viva, viva, viva".
Di "todo está moi ben".
Si non queres que cedo
lévenche a Carabanchel.

Le a Santa Teresa,
non leas a Voltaire
Le a sor Patrocinio,
non leas a Engels.

Comulga diariamente,
confesa de cotío.
Ten na túa cabeceira
o "Mein Kampf" y "El camino".

Din que os americanos
están ben en Vietnam
co Tío Sam salvagarda
a paz universal.

Que vivan as cadeas,
que morra a cultura.
Que viva Carrero Blanco,
que morra a literatura.

Seguindo os meus consellos
xa te verás erguer,
mais se non os sigues
levaranche a Carabanchel.

Le a Santa Teresa,
non leas a Voltaire
Le a sor Patrocinio,
non leas a Engels.

Para facer unha nova busca, preme aquí.