Sempre intentan confundirme
a verdade cunha lei.
Parvo intento! Hai moitos anos
que a verdade ben a eu sei.

(As palabras dos galegos. Millán Picouto)

De romaxe nos milagres de Amil


INFORMACIÓN

Título:De romaxe nos milagres de Amil
Disco:Cancións para ir de romaxe (1998)
Letra: Popular
Música:Popular
Voz:Suso Vaamonde / Colectivo Trebón

ESCOITAR / DESCARGAR

CARÁTULA DO DISCO

No Concello de Moraña
e na parroquia de Amil
está a Virxe dos Milagres,
ímonos todos pra alí.

E alá van os romeiros
e os romeiros van,
coa Virxe dos Milagres
no Campiño da Chán.

E cando chega setembro
os romeiros van chegando
e no Campiño da Chán
coa festa vanse aledando.

E baixa na de Choucheiro
e a volven a subir
e a virxe milagreira
a todos quere sorrir.

E a Virxe dos Milagres
quixo milagres na Terra
e fixo na Pé Da Auga
na Fonte da Roca Vella.

Para facer unha nova busca, preme aquí.