Sempre intentan confundirme
a verdade cunha lei.
Parvo intento! Hai moitos anos
que a verdade ben a eu sei.

(As palabras dos galegos. Millán Picouto)

Dos encantos que levan a morte


INFORMACIÓN

Título:Dos encantos que levan a morte
Disco:Soltas (s. d.)
Letra:Xosé María García Rodríguez
Música:Suso Vaamonde
Voz:Suso Vaamonde

ESCOITAR / DESCARGAR

CARÁTULA DO DISCO

Tiñas no meu mosteiro os teus praceres,
tantas e tantas vegadas fora túa,
que por costume o teu amor me deches,
sin que deras por min cousa ningunha.

Iste meu temperamento apaixoado,
do meu corpo e de min, fixo o que quixo;
e agora, ¡adeus cariño e sobresaltos,
adeus treidores e calados bicos!

¡Ai, encantos de amor, que vos tornades
pozón acedo, bágoas sen sosego
e que a calada morte me levades!

¡Siquera fora eu, cerva ferida,
que de chegar a fonte ten anceios,
pensando, na auga limpa, achar a vida!


Para facer unha nova busca, preme aquí.