Sempre intentan confundirme
a verdade cunha lei.
Parvo intento! Hai moitos anos
que a verdade ben a eu sei.

(As palabras dos galegos. Millán Picouto)

E a terra empezou a lumear


INFORMACIÓN

Título:E a terra empezou a lumear
Disco:Na noiteboa co meu amigo (2001)
Letra:Miguel Martínez Chapela
Música:Miguel Martínez Chapela
Voz:Miguel Martínez Chapela

ESCOITAR / DESCARGAR

CARÁTULA DO DISCO

Cando o sol empezou a nacer
das alturas un ánxel baixou
e falou con María e falou con Xosé
pra decirlles Xesús vai nacer.

E a Terra empezou a lumear,
as estrelas quixeron bailar
e por riba de montes e camiños
voaban cantando os paxariños.

E a Virxen ó seu lado está.
E Xosé bota leña no lar
pra quentarlle ó Neniño as manciñas
porque ten frío e pode chorar.

E a Terra empezou a lumear,
as estrelas quixeron bailar
e por riba de montes e camiños
voaban cantando os paxariños.

E a neve máis branca quería caer,
e a neve máis branca quería caer
con ledicia sobre aquel Portal.
E a xente subía por aquela montaña
pra chegar o primeiro a Belén de Xudá.

Cando o sol empezou a nacer
das alturas un ánxel baixou
e falou con María e falou con Xosé
pra decirlles Xesús vai nacer.

E a Terra empezou a lumear,
as estrelas quixeron bailar
e por riba de montes e camiños
e a Terra empezou a lumear,
e a Terra empezou a lumear,
e a Terra empezou a lumear.

Para facer unha nova busca, preme aquí.