En corso
INFORMACIÓN
Título: | En corso |
Disco: | Lembranza (2000) |
Letra: | Manuel Curros Enríquez |
Música: | Suso Vaamonde |
Voz: | Suso Vaamonde |
ESCOITAR / DESCARGAR
CARÁTULA DO DISCO
Mariñeiros da Marola,
de Illas Cíes e do Orzán,
remendade ben as velas,
dáille sebo ás cordas xa;
reparade as vellas redes,
os coitelos afiái
i aprestaivos, mariñeiros,
pola patria a mariñar.
Dende o Norte americano
chega a España occidental,
de ignominias e de aldraxes
unha negra tempestad,
e nas olas que levanta
i en Galicia van parar,
¡cuspos flotan de desprecio
para vós e vosa nai!
Mariñeiros da Marola,
de Illas Cíes e do Orzán,
non seredes mariñeiros
si temedes hoxe ó mar;
unha forca en cada verga,
na cintura un bon puñal,
no temón un brazo forte
i a bogar, bogar, bogar ...
Mariñeiros da Marola,
de Illas Cíes e do Orzán,
grande pesca vos agarda
si sabedes ben pescar;
unha lancha de centollas
vinte cinco pesos val,
un cargamento de yankees
valvos... ¡a inmortalidá!
Tamén aparece en:
Loitando | |
Regodobargo | |
Concerto en A Pobra de Trives |
Para facer unha nova busca, preme aquí.