Sempre intentan confundirme
a verdade cunha lei.
Parvo intento! Hai moitos anos
que a verdade ben a eu sei.

(As palabras dos galegos. Millán Picouto)

Foliada de Allariz


INFORMACIÓN

Título:Foliada de Allariz
Disco:Coplas do viño (1998)
Letra: Popular
Música:Popular
Voz:Suso Vaamonde / Colectivo Trebón

ESCOITAR / DESCARGAR

CARÁTULA DO DISCO

Que cantas no meu xardín,
paxariño, pena verde,
que cantas no meu xardín,
tódalas penas se apagan,
soio a miña non ten fin,
soio a miña non ten fin,
ai lalelo ai lalalo.

Eu fun ao Picato
buscar unha nena,
eu fun ao Picato,
víñenme sin ela,
víñenme sin ela,
víñenme sin ela,
Eu fun ao Picato
buscar unha nena.

Como de feito viñeches,
se soubera que ti viñas,
como de feito viñeches,
mandaba lava-la rúa,
cun ramiño de alciprestes,
cun ramiño de alciprestes,
ai lalelo ai lalalo.

Eu non sei decir por que,
quérote porque te quero,
e non sei decir por que,
cando se quere por algo
non é moi fondo o querer,
non é moi fondo o querer.
ai lalelo ai lalalo.

Para facer unha nova busca, preme aquí.